CONCURSO DE CARTEIS "DÍA DAS LETRAS GALEGAS"

 

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2011:

 

LOIS PEREIRO

 

 

 

(Monforte de Lemos, 1958-A Coruña, 1996)

 

 

 

CONCURSO  DE CARTEIS

 

BASES:

  •  Establécense dúas categorías:   a) Alumnado de 1º,2º e 3º da ESO.

  b) Alumnado de 4º da ESO e 1º e 2º Bacharelato.

  • O tema será alusivo ao Día das Letras Galegas .

 

  • Será realizado sobre cartolina, en tamaño cartolina e con técnica libre, valorándose a orixinalidade e a dificultade do mesmo.

 

  • Presentaranse enrolados e cun lema, e acompañados dun sobre pechado, dentro do cal figuren o lema do traballo, o nome e apelidos, curso e grupo do autor ou autora.

 

  •  Os carteis entregaranse na conserxería do instituto ata o día 9 de maio, inclusive.

 

  •  PREMIOS: Haberá dous premios. Os premios poden quedar desertos.

 

              1º Premio: Libros e música.

              2º Premio: Libro e material escolar.

 

  • O xurado estará composto por profesorado dos seminarios de Galego e Plástica, e pola coordinadora do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística.

 

  • Os premios entregaranse o día 13 de maio.