Navegando polo Universo

O alumnado de 2° de ESO participou onte 20 de decembro na actividade 'Navegando polo Universo' da man de Íñigo de la Quadra-Salcedo

No interior do seu planetario móbil, unha cúpula semiesférica de cinco metros de diámetro que consta dun proxector de última xeración, realizamos unha viaxe a través do cosmos. Ademáis de contemplar a nosa galaxia, a Vía Láctea, puidemos observar a estrela polar, a Osa Maior, os movementos dos corpos do Sistema Solar, achegarnos á superficie do Sol e mesmo á cara oculta da Lúa. 

Grandes figuras do mundo da ciencia e da astronomía, como Eratóstenes, Ptolomeo, Copérnico Galileo ou Newton, tiveron tamén o seu protagonismo nesta fantástica sesión coa que rematamos as actividades de 2023 do proxecto 'Un camiño  de Santiago cheo de vida' .

Velaquí unha breve reportaxe fotográfica da xornada: