Novas Xerais

Eiquí se incluirán novas non tematizadas para profesores.

ACOREUROPA VI. 1ª CONVOCATORIA

Enviado por prof_mvr o Mar, 04/04/2017 - 12:47

O Concello da Coruña abrirá o luns 3 de abril o prazo para a inscrición no programa BOLSAS EUROPA FP-PROXECTO ACOREUROPA VI.1ª CONVOCATORIA, que permitirá que 25 titulados de ciclos medios de FP poidan facer prácticas formativas de tres meses de duración en empresas de Irlanda, Italia, Portugal, Austria e Francia. 

Inscrición na web educativa do Concello (www.edu.coruna.es) a través dunha ficha específica  e presentando a documentación exisida nos rexistros municipais. O proceso de selección dos participantes se desenvolverá durante os meses de abril a xuño e as persoas seleccionadas poderán facer as súas prácticas formativas durante os meses de setembro a decembro de 2017.

Nos adxuntos pode consultarse información completa e bases da convocatoria

DATAS E HORAS DOS EXAMES DE PENDENTES A REALIZAR NO MES DE MAIO 2017

Enviado por prof_mvr o Mér, 29/03/2017 - 07:37

No anexo figura o CALENDARIO DE EXAMES E SESIÓN DE AVALIACIÓN EXTRAORDINARIOS CORRESPONDENTES A MATERIAS/ASIGNATURAS/MÓDULOS PENDENTES DE CURSOS ANTERIORES

CALENDARIO EXAMES 3ª AVALIACIÓN e FINAL DOS CICLOS FORMATIVOS A DISTANCIA CURSO 16-17

Enviado por prof_mvr o Mér, 29/03/2017 - 07:21

No ficheiro adxunto, pódense consultar as datas e horas dos exames da 3ª avaliación e avaliación Final dos Ciclos Formativos a Distancia de Xestión Administrativa e Administración e Finanzas

RESULTADOS ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2016

Enviado por prof_mvr o Mar, 29/11/2016 - 07:43

Hoxe 29 de novembro de 2016, a Xunta Electoral reunida ás 11:00 no IES Fernando Wirtz proclamou os seguintes candidatos electos:

REPRESENTANTES DOS PROFESORES

Nome e APELIDOS

Nº de Votos

Electo

Adela Otero Abrodos

Cincuenta e seis

SI

Ceferino López Cabarcos

Cuarenta e seis

SI

Jose Luis Vilariño Brea

Cuarenta e cinco

SI

Eloy Alonso Lera

Trinta e catro

SI

REPRESENTANTES DE ALUMNOS e ALUMNAS

Nome e APELIDOS

Nº de Votos

Electo

Dna. Daniela Lozano Serna

Cuarenta e cinco

SI

D. Jacobo Vázquez Encina

Trinta e un

SI

Representantes dos Pais e Nais do alumnado

Nome e Apelidos

Nº de votos

Electo

D. Carlos A. Gómez Babío

oito

SI

Representante do Persoal de Administración e Servizos.

Nome e APELIDOS

Nº de Votos

Electo

Dna. Maria del Carmen Lozano Mouzo

oito

SI

Contra a presente proclamación de candidatos elixidos poderase presentar por un prazo de 15 días reclamación perante a Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña. 

 

MODIFICACIÓNS AO CALENDARIO E PROCLAMACIÓN CANDIDATOS AO CONSELLO ESCOLAR 2016

Enviado por prof_mvr o Ven, 18/11/2016 - 05:56

Acordos tomados na segunda reunión da xunta electoral para eleccións ao Consello Escolar 2016

1º Modificar a data de votación dos sectores de alumnado, pais/nais/titores e Persoal de Administración e servicios ao coincidir cunha convocatoria de folga de alumnado, fixando como data de votación o 23 de novembro de 2016 de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00

2º Admitir e proclamalas candidaturas presentadas polos distintos sectores segundo se indica de seguido:

Persoal de Administración e Servicios:

Dna. Carmen Lozano Mouzo

Alumnos:

D. Jacobo Vázquez Encina (ASIA)

D. Juan Diego Couceiro Bañol (3EA)

Dna. Daniela Lozano Serna (4EB)

Profesores:

D. Ceferino López Cabarcos

Dna. Berta Vaquero Lastres

D. Jose Luis Vilariño Brea

D. Eloy Alonso Lera

Dna. Adela Otero Abrodos

Pais e Nais de alumnos:

Dna. Clementina COELLO BLANCO

D. Carlos Antonio Gómez Babío

 

3º Aprobar e publicar definitivamente os distintos censos electorais.

4º Aprobar os modelos de papeletas e sobres de votación. Nas papeletas con membrete do Instituto, figurarán a relación alfabética dos nomes dos candidatos (a sinalar cun equis no acto da votación). Os sobres serán todos iguais, de cor amarelo.

5º Seguidamente, en virtude das disposicións legais en vigor o Director e Presidente da Xunta Electoral procede a dalas instruccións oportunas para designar mediante sorteo os compoñentas das distintas mesas electortais, coa previsión de suplentes. O resultado do sorteo será comunicado aos interesados.

CONVOCATORIA ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2016

Enviado por prof_mvr o Mér, 09/11/2016 - 07:37

Con data 8 de novembro de 2016 a XUNTA ELECTORAL aprobou o calendario do proceso de eleccións ao consello escolar.

Nas seguintes ligazóns poden consultarse os seguintes documentos

  1. Calendario
  2. Convocatoria elección representantes do alumnado
  3. Convocatoria elección representantes pais/nais/titores
  4. Documento para a presentación de candidaturas do alumnado
  5. Documento para a presentación de candidaturas pais/nais/titores

RECÓRDASE QUE O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN É DO 9 AO 16 DE NOVEMBRO.

AS VOTACIÓNS TERÁN LUGAR O 24 DE NOVEMBRO de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00

CALENDARIO EXAMES 1ª AVALIACIÓN CICLOS FORMATIVOS A DISTANCIA CURSO 16-17

Enviado por prof_mvr o Xov, 03/11/2016 - 08:23

No ficheiro adxunto, pódense consultar as datas e horas dos exames da 1ª avaliación dos Ciclos Formativos a Distancia de Xestión Administrativa e Administración e Finanzas

INFORMACIÓN ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Enviado por prof_mvr o Mér, 26/10/2016 - 06:15

Consulta a información relativa as eleccións ao consello escolar

SORTEO XUNTA ELECTORAL

Enviado por prof_mvr o Mér, 26/10/2016 - 06:13

DATA E HORA SORTE XUNTA ELECTORAL

Distribuir contido