Skip to Content

“Encontros Virtuais” da Universidade de Santiago

A Universidade de Santiago (campus de Santiago e Lugo) organiza uns encontros virtuais os días 6, 7 e 8 de abril a través da web https://www.usc.gal/gl/encontros-vituais que estará dispoñible a partir do 4 de abril.

A través desta páxina o alumnado encontrará:

  • Presentacións das titulacións
  • Obradoiros, retos, etc.
  • Opinións do alumnado sobre a titulación.
  • Pílulas relacionadas coa titulación.
  • Concursos
  • Unha videoconferencia para cada titulación

O alumnado terá un enlace para interactuar por VIDEOCONFERENCIA cos responsables da titulación para aclarar as súas dúbidas. No enlace indicaranse os horarios de cada unha das videoconferencias.



blog | by Dr. Radut