Teléfono 881930387 Código do centro: 15027216 ies.fernando.esquio@edu.xunta.gal
Gala contra o cancro infantil
O Concello de Neda celebrou o éxito da gala benéfica que celebrou contra o cancro infantil durante o pasado domingo, á que asistiron máis de 580 persoas e na que se recadou preto de 3.500 euros.
O pavillón municipal foi o lugar elixido para o evento, presentado por un dos nosos exalumnos Dani Ríos, terá continuidade nos próximos anos e todo o diñeiro recadado irá destinado á investigación oncolóxica.
Durante a gala realizáronse actividades moi distintas, como unha chocolatada, un taller de maquillaxe ou a posta en marcha dunha cantina.
Os nosos alumnos participaron en diversas actividades, desde unha exhibición de karate, baile de salón e interpretación do grupo de rock interpretando catro temas, tanto o grupo de 2º ESO como o de Bac.
Norabóa ao Concello pola iniciativa e grazas por convidarnos.