Xefatura de estudios
Inicio do curso escolar 2022-23
Enviado por admin o Lun, 05/09/2022 - 08:22Data, hora e lugar das presentacións.
Son todas o xoves día 8 de setembro.
10:30 h. ESO (1º e 2º ESO no salón de actos "Xaquín Marín", 3º e 4º irán directamente ás correspondentes aulas) e FP Básica (salón de actos edificio FP).
12:00 h. Bacharelato (salón de actos "Xaquín Marín") e 1º curso dos ciclos medios ordinario e dual (salón de actos edificio FP).
12:30 h. 2º cursos de ciclos medios (salón de actos de FP).
16:15 h. Ciclo Medio Modular (salón de actos de FP).
Con motivo do inicio de curso desenvolveranse diferentes actividades como a actuación da pandeireteira Gisela Sanmartín e as charla do biólogo Rubén Portela Carballeira e o emprendedor Miguel Ameneiros Vilasánchez, todos eles exalumnos do IES de Fene.
Ese día o transporte escolar (ESO) deixará o alumnado no centro ás 10:30 h. e recollerao ás 12:00 h. O transporte metropolitano terá o horario habitual.
O venres día 9 de setembro comezarán as clases no horario habitual.
Matrícula para o curso 2022/23 ESO e Bacharelato
Enviado por admin o Mér, 22/06/2022 - 05:58CALENDARIO PREFERENTE
Horario: Anotaremos na parte posterior do sobre da matrícula a hora asignada de forma individual (para cambiala, chamar por teléfono). Os sobres e impresos pódense recoller na conserxaría do centro.
3º e 4º ESO | 28 de xuño | |||
1º e 2º ESO | 29 de xuño | |||
1º Bacharelato | 30 de xuño | |||
2º Bacharelato | 1 de xullo |
Documentación para o alumnado que veña de fóra do centro:
1.- Sobre e impreso oficial de matrícula debidamente cubertos (facilítanse na conserxería ). |
2.- Aboar 1,12 euros do seguro escolar no momento de realizar a matrícula (están exentos os maiores de 28 anos e os de 1º e 2º de ESO). O alumnado de 1º de ESO ten que traer fotocopia da tarxeta sanitaria. |
3.- Fotocopia do DNI. |
4.- Dúas fotografías tamaño carné, co nome e apelidos ao dorso. |
5.- Fotocopia do título requirido ou certificación académica, segundo o caso. Non é preciso no caso do alumnado que proveña dos centros adscritos (Os Casais e O Ramo). |
6.- Formulario/rexistro de patoloxías |
Documentación para o alumnado do centro:
1.- Sobre e impreso oficial de matrícula debidamente cubertos (facilítanse na conserxería) |
2.- Aboar 1,12 euros do seguro escolar no momento de realizar a matrícula (están exentos os maiores de 28 anos e os de 1º e 2º de ESO). |
3.- Unha fotografía tamaño carné, co nome e apelidos ao dorso. |
4.- Formulario/rexistro de patoloxías |
*** Os pais/nais que desexen formar parte da ANPA cubrirán o impreso correspondente.
Entrega de boletíns de notas ESO e Bacharelato
Enviado por admin o Mér, 22/06/2022 - 05:40A entrega de boletíns de notas dos grupos de ESO e Bacharelato terá lugar o luns 27 de xuño ás 12:00h. na aula correspondente a cada grupo.
Admisión e matrícula a Formación Profesional 2022/23
Enviado por admin o Mar, 21/06/2022 - 08:48Prema aquí para acceder á información sobre os prazos do proceso de admisión en FP.
Calendario exames convocatoria extraordinaria Bacharelato, FP Básica e ESA
Enviado por admin o Mér, 15/06/2022 - 19:05Prema aquí para consultar o calendario de exámenes.
Alumnado con PD en FP. Calendario de exames
Enviado por admin o Mar, 07/06/2022 - 06:35Nas seguintes ligazóns se pode consultar o calendario de exames para alumnado con perda do dereito á avaliación continua (P.D.):
1º FP Básica Fabricación e Montaxe |
1º CM Soldadura e Caldeiraría |
1º CM Electromecánica de Vehículos Automóbiles |
1º CM Mantemento Electromecánico |
Comezo das clases no 4º curso da ESA
Enviado por admin o Mar, 01/02/2022 - 07:23Este xoves 3 de febreiro ás 16:15 horas terá lugar o comezo das clases de 4º curso da ESA.
Será a presentación na aula 25-A (edificio FP).
Adaptacións das programacions, 3º trimestre
Enviado por admin o Mar, 12/05/2020 - 05:47Achegamos as modificacións ás programacións feitas polos diferentes departamentos didácticos de ESO, Bacharelato, ESA e Ciclos Fromativos segundo as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Calendario de exames extraordinarios 2º Bacharelato
Enviado por admin o Mar, 04/06/2019 - 10:40Calendario de exames extraordinarios para 2º de Bacharelato, que se realizarán en xuño de 2019
Fondo Solidario de libros de texto e Axudas para adquisición material escolar. Curso 2018/2019
Enviado por admin o Ven, 25/05/2018 - 06:12Participación no fondo solidario de libros de texto e convocatoria de axudas para adquisición de material escolar para alumnado matriculado en Secundaria Obrigatoria para o curso 2018/2019
Forma de presentación:
Poderán recoller e presentar a solicitude no centro, ou ben realizala accedendo á aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/), e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:
-
No centro (imprimirán a solicitude e o anexo II, e os presentarán asinados, xunto coa documetación)
-
Na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Documentación:
-
Solicitude cuberta e asinada
-
Fotocopia do libro de familia (deberán presentar o orixinal a fin de cotexar as copias).
-
DNI ou NIE de todos os membros da unidade familiar (só no caso de non autorizar a consulta dos datos de identidade).
-
Renda correspondente ao exercicio do ano 2016daquelas persoas que teñan ingresos, (só no caso de non autorizar a consulta dos datos tributarios).
-
Xustificantes daquelas situacións especiais que se poidan alegar.
Prazo de presentación: ata o día 22 de xuño, na oficina do IES de Fene. O alumnado repetidor de 4º poderá presentala no prazo dun mes dende a formalización da matrícula en setembro.
Requisitos de renda:
A renda per cápita máxima para poder ter dereito ao fondo de libros é de 9000 euros para obter 4 libros e de 5400 euros para 6 libros de texto. (Nos casos de discapacidade do alumno/a superior ao 65 %, necesidades educativas especiais ou alumnado tutelado pola Xunta de Galicia, serán 6 libros independentemente da renda).
Para o cálculo da renda per cápita hai que sumar os recadros 392 e 405 da renda do ano 2016 (presentada no 2017) e dividila polo nº de membros computables da familia. (as persoas con discapacidade superior ao 33 % computan como 2).
Para ver un resumo das axudas, prema aquí.
As persoas beneficiarias de libros procedentes de fondo solidario do centro teñen a obriga de devolver os libros de texto do fondo no curso 2017/18. A falta de devolución será causa de exclusión da participación no curso 2018/19. Está exento desta obriga o alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.
Prazos a ter en conta:
-
12 de xullo: publicación de listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas.
DOUS días de prazo para reclamar.
-
14 de setembro: publicación de listaxes definitivas dos libros adxudicados a cada alumno.
-
Os libros entregaranse ao alumnado durante o mes de setembro.
Poden atopar toda a información sobre o procedemento en http://www.edu.xunta.gal/portal/node/25042
Ante calquera dúbida, poden poñerse en contacto co centro.
Fene, 25 de maio de 2018
![RSS - Xefatura de estudios Distribuir contido](/centros/iesfene/misc/feed.png)