Gradación 2º de bacharelato
O pasado venres 19 de maio tivo lugar o acto de gradación do alumnado da promoción 2021-2023 de bacharelato, que rematou este ano a súa última etapa no IES de Fene. Foi un acto moi emotivo no que participaron, ademais dos propios protagonistas, as familias, profesorado, dirección e concello coa presenza do alcalde Juventino Trigo. As intervencións dos delegados, titores, alcalde e director do centro estiveron cheos de risas, recordos e bos desexos para todo o alumnado e foron moi aplaudidas. Estas intervencións remataron coa lectura do poema inédito de María Lado “Graduación” a cargo de Sonia Gómez, titora de 2º de bacharelato A, co acompañamento musical de Sara, alumna do mesmo grupo. O acto finalizou coa entrega de orlas e recordos do seu paso polo centro.
A comunidade do IES de Fene deséxalles moita sorte nas probas de acceso á universidade, que se están a desenvolver estes días, así como na nova etapa que van a comezar.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
DSC_5245.JPG | 50.69 KB |
DSC_5379.JPG | 54.59 KB |