Eleccións ao Consello Escolar: Eleccións dos representantes de nais, pais ou titores/as legais do alumnado
CIRCULAR INFORMATIVA
De acordo coa Convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, o próximo día 23 de novembro, en horario de 16:30 a 19:30 horas, celébrase neste Centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores/as legais do alumnado no Consello Escolar do IES. Para participar na referida votación, tal como se sinalaba na citada Convocatoria, procederase da seguinte forma:
1º.-Quen pode votar.
Teñen dereito a votar todos os pais, nais ou titores/as legais do alumnado matriculado no Centro que figure no Censo que ao efecto aprobou a Xunta Electoral e tras a súa exposición pública regulamentaria. Tal dereito corresponde indistintamente ao pai e á nai, podendo votar ambos os dous.
2º.- Modo de emitir o voto.
a) O voto será directo, secreto e non delegado.
b) Os modelos de papeletas e sobres da votación serán, obrigatoriamente, os previamente fixados pola Xunta Electoral do Centro, dos que haberá cantidade suficiente no local da votación.
c) Nas referidas papeletas figurarán os nomes dos candidatos/as, por orde alfabético de apelidos, e cada elector/a deberá marcar cunha cruz un máximo 1 nome das candidatas ou candidatos relacionados, debendo acreditar a súa personalidade, no momento de votar, mediante a exhibición do D.N.I. ou documento similar.
d) Finalizada a votación procederase ao acto do escrutinio dos votos, que será público e, unha vez realizado, levantarase a correspondente acta.
A dirección deste IES anima a todos os pais, nais e titores/as legais do alumnado a que participen na votación, como unha forma máis de colaboración na organización do Centro, a fin de conseguir a máxima representatividade posible de pais e nais no Consello Escolar.
Fene, 17 de novembro de 2021
O DIRECTOR DO CENTRO,
Asdo.: Xoán Manuel Vázquez Vázquez.