Acreditación de competencias. Convocatoria 2018

Publicada a Orde do 29 de decembro de 2017 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.

A solicitude de participación deberá presentarse en soporte papel na secretaría do centro (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento e farase empregando a aplicación informática subministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo: http://www.edu.xunta.es/acreditacion. Esta aplicación está activa a partir do 10 de xaneiro de 2018.

  •  A solicitude, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación, deberase imprimir paraser entregada no Centro Integrado de Formación Profesional (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento.
  • Os datos relacionados coa documentación xustificativa do historial profesional e/ou formativo e dos requisitos de participación no procedemento deberán cargarse na devandita aplicación informática.
  • O prazo de presentación de solicitudes será desde o 10 de xaneiro ata o 2 de febreiro de 2018.
  • Só serán aceptadas as solicitudes que sexan entregadas no centro onde se realice o procedemento ao que se presente a persoa solicitante.