Charla de Emilio Varela no IES de Fene
O xornalista Emilio Varela volveu ao IES de Fene para impartir unha das súas charlas. Nesta ocasión, o título foi “Atlantis: a ciencia do mito”. Contounos como unha erupción volcánica na actual illa de Santorini puxo fin a unha civilización e deu, posiblemente, orixe ao mito da Atlántida. Non só foi un recorrido interdisciplinar polo pasado. Emilio recordounos que todas as culturas tiveron un final e que a nosa forma de vivir a costa dun planeta limitado tamén nos obrigará a cambiar. A solución á sobreexplotación dos recursos e á contaminación non é un reto que se afronte voluntariamente. É unha necesidade.
Aproveitamos para recordarvos que, durante esta semana, National Geographic nos regala a todos o documental Before the flood; tamén se pode ver en castelán. Soupémolo via Microsiervos.