Admisión de alumnado. Curso 2015-16
Do 1 ao 15 de febreiro: Reserva de praza para o alumnado dos centros adscritos (CEIP “O Ramo” e CEIP “Os Casais”) e alumnado do centro que cambie de ensinanza.
Antes do 1 de marzo: Publicación de vacantes
Dende o 1 de marzo ao 20 de marzo (ambos inclusive): Abrese un prazo de admisión de novo alumnado. A solicitude pódese recoller na Secretaría ou na Conserxería do centro ou fotocopiar o Anexo II da Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo de 2013).
IMPORTANTE: Presentarase unha única solicitude no centro que se escolla como 1ª opción. Pódense relaciónar ata 6 centros por orde de preferencia.
Só no caso de que a demanda de prazas supere a oferta do Centro: presentación da documentación acreditativa dos criterios de admisión no prazo de 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
Antes do 25 de abril: Publicación das listas provisionais de admitidos e non admitidos. Estas listaxes poderán ser obxecto de reclamación ante o Consello Escolar do Centro no prazo de 5 días hábiles.
Antes do 15 de maio: Publicación da resolución definitiva de admitidos e non admitidos
Do 25 de xuño ao 10 de xullo: formalización da matrícula
Do 1 ao 10 de setembro: prazo extraordinario de matrícula
Nota.- O alumnado que solicite e obteña praza nun centro distinto ao que lle corresponda, non terá dereito aos servizos complementarios (transporte ) establecidos con carácter gratuíto pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.