Mobilidade á Bretaña

 

Dous estudantes e tres profesores do noso centro participaron nunha mobilidade a Rennes dende o 13 ao 17 de outubro. 

Esta mobilidade está enmarcada dentro do programa de Proxectos Europeos Leonardo "Skills4u" no que participamos con socios franceses, holandeses, noruegos e polacos. 

Durante estes encontros fíxose unha posta en común das actividades xa feitas e establecéronse os criterios para as que quedan por facer, pois unha vez rematado o proxecto, en 2015, este terá unha continuidade no tempo pois o alumnado de FP poderá realizar as prácticas de FCT nalgún dos países participantes.

A experiencia resultou moi positiva, tanto para o alumnado como para o profesorado, e no seguinte enlace podedes escoitar o que supuxo para eles a oportunidade de poder participar neste intercambio.

 

Alumnos españois e franceses cos profesores participantes.