Estadía de profesoras polacas no IES de Fene

 Dende 20 ate do 24 de xaneiro o IES de fene será o anfitrión de once profesoras procedentes de Polonia, concretamente deKatowice Katowice, a capital  da Alta Silesia, unha cidade con máis de 300.000 habitantes. Durante istes días de visita preparatoria do progrma  Quality in Education- Good practices and exchange of experience between Spanish and Polish teachers" -que se levará a cabo no marco dos proxectos europeos que está a desenvolver o Instituto-, aparte das correspondentes sesións de traballo, visitas a empresas da zona e recepción na Casa do Concello, tamén se desenvolverá un completo programa socio-cultural. 

O cadro de persoal do IES desexa que súa estadía resulte unha experiencia positiva.

Equipa Web (21-01-2014)