Benvid@s

Comezamos un novo curso,  benvid@s!  O equipo web está á vosa disposición para todo o que teña que ver con este sitio: aulas virtuais, fotocopiadora virtual, etc. A medida que o Equipo Directivo ou a Secretaría do centro nola  facilite, iremos publicando  información administrativa de interese:  datas de avaliación, horario de titorias, calendario escolar ou xornadas de acollida.

Os responsables desta  web pretendemos que  sexa unha ferramenta de traballo útil para toda a comunidade educativa, ademais dun foro no que se reflictan propostas e opinións que contribúan a mellorar o funcionamento do Instituto

Marga Súarez   Antonio Orozco