III Concurso de microrrelatos - BASES
PRIMEIRO
Poderá participar todo o alumnado matriculado nalgún dos centros educativos do Concello de Fene, establecéndose as seguintes categorías:
a) 5º e 6º Curso de Primaria.
b) 1º e 2º Curso de ESO.
c) 3º e 4º Curso de ESO.
d) Bacharelato e Ciclos Formativos
SEGUNDO
Os/as participantes deberán elaborar un texto narrativo en lingua galega, que non poderá sobrepasar as 150 palabras (microrrelato), con temática libre e cuxo título teña a mesma estrutura sintáctica que utiliza Cunqueiro en “Escola de Menciñeiros”, “Os outros feirantes” e “Xente de aquí e de acolá”: o nome do personaxe (un sintagma nominal) seguido dun topónimo (unha frase preposicional) que neste caso tería que ser un topónimo fenés.
Exemplos:
o Unha siria en Ribadeo > Unha siria en Magalofes
o Louro de Parentes > Louro de Maniños
o Felipe de Burres > Felipe de Perlío
o A voadora de Serantes > A voadora de Limodre
o O Coxo de Entrebo > O Coxo de Barallobre
o O verdugo na Cañiza > O verdugo en Fene
TERCEIRO
O concurso constará de dúas fases: unha interna e outra intercentros. Na fase interna os traballos elaborados serán entregados ao profesorado encargado deste concurso en cada centro educativo e será o propio centro quen decida a composición do xurado. Para a fase intercentros, os traballos seleccionados (máximo dous por categoría) deberán entregarse no Departamento e Cultura, Deportes e Xuventude do Concello de Fene acompañados dun sobre pechado, que será o único lugar no que constarán os datos identificativos dos/as autores do traballo.
CUARTO
O Xurado estará composto por unha comisión formada por dous membros de cada centro escolar participante (un profesor/a e un alumno/a) e un representante do Concello, que ditaminará sobre o concurso de xeito inapelable, podendo declarar os premios desertos.
QUINTO
Os datos e traballos recollidos serán utilizados exclusivamente polo Concello de Fene e en ningún caso serán cedidos a terceiros nin pasarán a formar parte de ningunha base de datos de uso comercial.
SEXTO
Establécese un agasallo para cada categoría.
SÉTIMO
O prazo para entregar os traballos ao Xurado remata o venres 11 de abril na fase interna (entregar no propio centro educativo) e o mércores 27 de abril para a fase intercentros (entregar no Dep. Cultura, Deportes e Xuventude). O resultado darase a coñecer por parte do concello a todos os centros de ensino participantes.
OCTAVO
Cos traballos escollidos o Concello de Fene fará unha pequena publicación.
NOVENO
A participación no concurso supón a aceptación destas bases.
Fene, 8 de marzo de 2011