Proxecto Comenius. O noso porto

Jesús Bustos, funcionario da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, impartiu na tarde do martes 20 de abril unha charla no IES de Fene dirixida ao alumnado participante no proxecto Comenius. O obxectivo desta exposición era dar información sobre a organización e as actividades que se desenvolven nas instalacións da Autoridade Portuaria.

Tamén xustificou a construción do porto exterior e aportou datos da repercusión económica e social que terán nun futuro inmediato as operacións que se desevolverán no mesmo, tanto na cidade ferrolá coma na súa zona de influencia.

Como complemento desta primeira aproximación ao porto ferrolán, o vindeiro martes 27 de maio, o noso alumnado efectuará unha visita ás súas instalacións.