Nova Escola Galega. Comunicado de prensa sobre o "borrador" de decreto para o plurilingüismo

O PERIGO DA CONFORMACIÓN DE DÚAS SOCIEDADES EN RAZÓN DE LINGUA

•    Segundo o Movemento de Renovación Pedagóxica NOVA ESCOLA GALEGA, o novo Decreto para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia fará imposible, desde un punto de vista estritamente pedagóxico, dar cumprimento ao previsto na lexislación educativa sobre competencia lingüística.

•    A normativa proposta despreza absolutamente toda a  armazón lexislativa  construída ao longo de tres décadas, en especial o Plan Xeral de Normalización  da Lingua Galega aprobado por unanimidade polo Parlamento Galego en 2004.

•    O feito de que as Matemáticas deban deixar de impartirse en galego converte en papel mollado o establecido no Plan Xeral de Normalización sobre esta materia, pois nel, textualmente, establécese que se tenderá a que entre as materias que se impartan en galego figuren as Matemáticas e a Tecnoloxía... 

•    Lembra NOVA ESCOLA GALEGA que o galego, como lingua propia de Galicia e como variedade recesiva debe ser o idioma primeiro e principal do currículo, o  centro de gravidade do sistema, tal e como reiteradamente recollen as leis, as sentenzas e a propia pedagoxía.

•    O tratamento aparentemente “igualitario” diante de realidades lingü¸ísticas moi desiguais no seu carácter, desenvolvemento, presenza social e problemática, só pode traer como consecuencia un maior retroceso para a lingua galega e a conformación de dúas sociedades diferenciadas por razón de lingua.

•    NOVA ESCOLA GALEGA reitera o seu chamamento ás familias galegas para que eviten que os seus fillos e fillas se vexan privados da oportunidade de acadar a debida competencia lingüística, tamén en galego

.........................

Ler o documento completo.....

 

Outro documento: Nova Escola Galega opina. Abril de 2010

http://www.nova-escola-galega.org/