Bases, III Concurso de postres do Entroido
-Poderán participar todas aquelas persoas que pertenzan á Comunidade Educativa do IES de Fene.
-Os postres entregaranse o venres día 20 de febreiro de 2009 na Biblioteca do Centro antes do inicio das clases ás 8,25.
-O xurado estará composto por persoal desigado polos equipos mencionados anteriormente e dictaminarán de forma inapelable.
-O xurado reunirase a facer a degustación no primeiro recreo na Biblioteca do Centro.
-O fallo do concurso darase a coñecer no segundo recreo.
-Concederanse os premios que o xurado estime conveniente e, tendo en
conta as datas do concurso, poderán axustarse ao evento en cuestión.
-Todos os postres que se presenten ao concurso serán degustados nas
dúas últimas horas do horario escolar por aqueles cursos nos que se
teña presentado algún postre ao concurso.