Software gratuíto para PDA

 NOVO! Wikipedia para PDA. "Wikipedia en español para PDA" foi elaborado por usuarios da web PDA Expertos, aínda que o programa que se necesita para a súa utilización, o Tome Raider, non é gratuíto. Toda a wikipedia no noso peto, para utilizar en calquera momento. Actualizada a 5 de xaneiro de 2009.

Pocket Food aditives Listado de aditivos alimentarios e as súas características, clasificados polos seus códigos E

Xnview pocket Un visualizador de fotos con infinidade de funcións que permitien facer de todo: retocar as capturas, cambiarlles de formato, organizalas en carpetas, crear presentacións en slide show...

AceIT Calculator. Completa calculadora gratuíta que inclúe modo alxebraico, estadístico, financieiro, cálculo común e outras funcións orientadas a enxeñerías. Ademáis, presenta unha base de datos con trinta constantes físicas, diferentes factores de conversión e bancos de memoria e variables ilimitadas.

Virtual TI Pocket Emulator Permite convertir a PDA nunha excelente calculadora con numerosas posibilidades que inclúen funcións diferenciais, operacións aritméticas/trigonométricas, logaritmos e incluso, gracias ás súas funcións programables, modelos matemáticos avanzados.

PPT, táboa periódica con diferentes datos de tódolos elementos químicos

MView Visualizador de moléculas en 3D que permite representar un total de 199 estructuras, rotar e desprazar modelos, modificar o modo de representación (por bolas ou barras) e renderizar esceas para incrementar o nivel de detalle.

Earth&Sun Cun mapa mundi na pantalla principal, permite coñecer a tempo real tódalas zonas ou rexións bañadas polo Sol, medir distancias entre dous puntos, coñecer as horas de luz etc. Posúe un visor de lonxitude e latitude, zonas horarias, hora actual en múltiples zonas, horas de luz por rexións e unha ferramenta para medir distancias.