60. Un pouco de loita é imprescindible

Enriquecémonos coas tormentas cos relámpagos, os tronos e a tristeza como así tamén coa alegría e a felicidade.

Esta antiga parábola debe ser moi antiga porque Deus adoitaba vivir na tierra neses días...

Un día chegou un home, un vello granxeiro, e díxolle: `Mira, ti podes ser Deus e podes ter creado o mundo, pero debo dicirche algo: non és un labrego. Nin siquiera sabes o abc do traballo na granxa. Tes algo para aprender`.

Deus dixo: `¿Qué me aconsellas?`

O granxeiro contestou: `Só dame un ano de tempo e déixame tódalas cousas a min, e verás qué ocurre. ¡Xa non quedará pobreza!`

Deus estaba disposto a iso e deulle un ano ao granxeiro. Naturalmente, o granxeiro pediu o mellor, só tivo pensamentos do mellor nada de tormentas, nin fortes ventos, nin perigos para os cultivos. Todo confortable, acolledor e él estaba moi contento. O trigo medraba tan alto... Cando quería sol, había sol, cando quería chuvia, había chuvia, e tanta como necesitaba. Ese ano todo estivo ben, matemáticamente bien. O trigo crecía tan alto...

O labrego ía a Deus e dicíalle: `Mira, esta vez os cultivos serán tales, que por dez anos, aínda se a xente non traballe, haberá comida dabondo`. Pero cando se recolleron os cultivos, as espigas estaban baleiras. O labrego estaba sorprendido. Preguntoulle a Deus: `¿Qué pasou? ¿Qué saiu mal?`

Deus díxolle: `Porque non houbo desafío, porque non houbo conflicto nin fricción, porque evitaches todo o malo, o trigo quedou sen forza. Un pouco de loita é imprescindible. Necesítanse tormentas, tronos, relámpagos. Movilizan a alma dentro do trigo`.

Esta parábola é de gran valor. Se sempre estás feliz, a felicidade perderá todo o seu significado. Será como se alguén escribe con tiza branca sobre unha parede branca. Poderás seguir escribindo, pero ninguén o poderá lerxamais. A noite é tan necesaria como o día. E os días de tristura son tan esenciais como os días de felicidade. A esto chámaselle comprensión. E lentamente, canto máis ves o ritmo da vida, o ritmo da dualidade e da polaridade, deixas de preguntar, deixas de elixir. ¡Entón  terás descubierto o segredo!

Cando segues á natureza das cousas, non queda ningunha sombra. Aínda a tristura é luminosa nese intre. Non é que a tristura non virá. Ela virá, pero non será a túa inimiga. Converteraste no seu amigo, porque verás a súa necesidade. Poderás ver a súa gracia e poderás ver porqué está alí e porqué é necesaria. E sen ela serás menos, non más.