58. No ceo?
Un intre despois do momento da súa morte, un home viuse nun lugar moi fermoso, rodeado por toda a beleza e por tódalas las comodidades coas que sempre soñara. Un individuo vestido de branco achegóuselle:
-Ten vostede dereito ao que quiera: calquera alimento, pracer ou diversión –dixo.
Encantado, o home fixo todo o que tiña desexado en vida. Tras moitos anos de praceres, foi na procura do individuo de branco:
-Eu xa teño probado todo o que quería –dixo. –Agora necesito un traballo para sentirme útil.
-Síntoo moito –repuxo o individuo de branco, -pero isto é o único que non podo conseguirlle. Aquí non hai traballo.
-¿Pasar a eternidade morrendo de aburrimento? ¡Preferiría mil veces estar no inferno!
O home de branco achegóuselle, e díxolle en voz baixa:
-¿E onde pensa vostede que se atopa?