41. Vivir como as flores
Mestre, ¿qué debo facer para no quedarme molesto?.. Algunhas das persoas que me rodean falan demasiado, outras son ignorantes. Algunhas son indiferentes. Sinto odio por aquelas que son mentireiras e sufro con aquelas que calumnian.
- ¡Pois, vive como as flores!, díxolle o mestre.
- E ¿cómo é eso de vivir como as flores?, preguntou o discípulo.
- Pon atención a esas flores continuou el mestre, sinalando uns nenúfares que medraban no estanque.
Elas nacen no esterco, sen embargo son puras e perfumadas. Extraen do abono fedorento todo aquelo que lles es útil e saudable, pero non permiten que o cheirento da terra manche a frescura dos seus pétalos.
É xusto angustiarse cos propios asuntos, pero non é sabio permitir que os asuntos dos demais te incomoden. Os defectos deles son deles e non teus. E se non son teus, non hai motivo para molestarse... Exercita pois, a cualidade de rexeitar todo o mal que ven dende fóra e perfuma a vida dos demais facendo o ben.
Isto, é vivir como as flores.