27. Subindo ao cumio

Había unha vez un verme que tiña un desexo moi grande de chegar ó cumio dunha montaña, para o que se propuxo camiñar e camiñar co seu paso lento e harmonioso e con elo, cumprir co seu propósito. Ó pouco tempo de camiñar, un coelliño que andaba polo bosque preguntoulle:

- ¿A onde vas con tanta presa, verme?

–Vou ao alto da montaña, contestou; resposta ante a que, o coelliño tan só sorría pensando no difícil da súa ansiada meta.

Máis adiante, atopouse cun paxariño que respectándoo como comida preguntoulle tamén:

- ¿Cara a onde te dirixes, lindo vermiño?

- ¡O meu maior anhelo é chegar ó cumio desa fermosa montaña!

- ¡Pero esta moi lonxe, nunca chegarás!

– Chegarei, contestaba moi confiado e seguro de si o verme!

Pasaron os días e cada vez o vermiño camiñaba máis lento, o cansazo  sufocábao, e a montaña aínda parecía estar moi lonxe; os animaliños do bosque que atopaba no seu camiño, xa non lle preguntaban nada, pois vían a enormidade do seu esforzo e respectaban a súa perseveranza para lograr o seu cometido, a súa meta na vida.

 O verme tiña una visión e facía todo o esforzo para lograla.

Unha mañá, despois de moito camiñar, os animaliños do bosque viron que o vermiño xa non camiñou máis, quedou parado envolto nunha fina tea que lle servía de mortalla. ¡Dera a súa vida no intento de lograr o seu soño!.
Pasaron os días, e os animaliños do bosque vían diariamente como aquel pequeno envoltorio dentro do que quedou para sempre o verme, pouco a pouco envellecía. Sen embargo, unha mañá, de súpeto, este empezou a moverse e a rachar, parecía como que empezaba a cobrar vida, e de dentro del, empezaron a saír unhas brillantes e coreadas ás pegadas ó verme, ¡Era una fermosa bolboreta que en poucos segundos, emprendeu o seu vó cara á montaña!

 
O vermiño aquel, volvera á vida convertido en bolboreta co firme propósito de cumprir o seu soño, ¡Conquistar as alturas da montaña!."

 
 Esta pequena historia ten una ensinanza e é responsabilidade de cada quen descubrila e utilizala como propósito da propia vida. Lograr soños non é cousa imposible, que os pensamentos que xeramos con toda vehemencia e que  e nacen do más profundo de nos, exercen unha magnífica influencia para a realización de metas e anhelos da nosa vida exterior e interior. En certa forma, somos o que pensamos, pois somos os arquitectos do noso propio destino.