06. A casa do carpinteiro
Un vello carpinteiro chegaba á idade para xubilarse. Contou os seus plans ao seu xefe de que quería deixar a construcción e vivir unha vida máis relaxada coa súa muller e gozar da súa familia.
Botaría de menos o seu salario pero necesitaba xubilarse. A familia sobreviviría. O contratista lamentaba ver marchar ao seu bo traballador e preguntoulle se podería construír unha derradeira casa como favor persoal. O carpinteiro asentiu, pero pouco a pouco era doado ver que o seu corazón non estaba no seu traballo. Traballaba mal e usaba materiais de calidade inferior. Desafortunado xeito de acabar a súa carreira.
Cando o carpinteiro rematou o seu traballo veu o contratista para inspeccionar a casa. O contratista deulle a chave da porta principal ao carpinteiro e dixo; -Esta é a túa casa, o meu agasallo para ti.-
¡Qué susto! ¡Qué pena! ¡Oxalá soubera que construía a súa propia casa, faríao moi diferente! Agora tiña que vivir no fogar que non construíra ben.
Así é en nos. Construímos as nosas vidas distraidamente. Reaccionamos en lugar de actuar, estamos contentos con aguantar menos que o mellor. En momentos críticos non damos ao traballo o noso mellor esforzo. Así que con susto miramos a situación que creamos e atopámonos vivindo na casa que nós mesmos construímos. Se nos decataramos teriámolo feito de xeito diferente.
A túa vida mañá será o resultado de túa actitude e das túas decisións de hoxe.