02. O sabor dos chiles
Nasrudín, o máis contradictorio dos homes, decidiu visitar a India e así chegou a Calcuta, onde as rúas están sempre moi concorridas e cheas de vendedores de todo o imaxinable. Paseando por unha das máis concorridas avenidas observou un vendedor que permanecía en crequenas. Vendía algo que parecía moi apetecible e Nasrudín pensou que eran saborosos doces indios, sen sospeitar que se trataba de chiles moi picantes. Comprou un gran cucurucho de “doces” e sentouse nun dos soportais disposto a saborear tan deliciosas larpeiradas. En canto levou un á boca, a súa lingua pareceu incendiarse, o nariz tinguíuselle de vermello e non puido evitar que os seus ollos desbordaran de lágrimas involuntarias. Pero continuou como se tal cousa, comendo chile tras chile, sen que cambiasen as acendidas reacciones do seu corpo. A miúdo espirraba e non podía disimular o seu desagrado mediante muecas do seu profundo malestar, ata tal punto que un amable transeúnte acercóuselle e previuno:
- Pero amigo, ¿non sabes que os chiles deben tomarse sempre en pequenísimas cantidades?
Ao borde xa de perder o resollo, Nasrudín puido balbucir:
- Compreinos crendo que se trataba de doces.
E como seguía levando os chiles á boca, o outro díxolle:
- Ben, ben, pero agora xa sabes que son chiles e non doces. ¿Por qué segues coméndoos?
E Nasrudín repuxo:
- Investín o meu diñeiro neles, non os vou tirar.
El libro de la felicidad. Ramiro A. Calle