Teño aprendido...

Teño aprendido que non podo facer que alguén me ame, so converterme en alguén a quen se pode amar. O resto depende dos demais.

Teño aprendido que se poden requerir anos para construir a confianza, e únicamente segundos para destruíla.

Teño aprendido que o que verdadeiramente conta na vida non son as cousas que teño arredor,
senón as persoas.

Teño aprendido que non podo compararme co mellor que fan os demais, senón co mellor que podo facer eu.

Teño aprendido que o máis importante non é o que me sucede, senón o que faga ao respecto.

Teño aprendido que hai cousas que podo facer nun intre e que poden causar dor toda a vida.

Teño aprendido que é importante practicar para converterme na persoa que quero ser.

Teño aprendido que é moito máis doado reaccionar que pensar.... e máis satisfactorio pensar que reaccionar.

Teño aprendido que podo chegar moito máis lonxe do que pensei posible.

Teño aprendido que eu son responsable do que fago, calquera que sexa o sentimento que teña.

Teño aprendido que en moitos momentos teño o dereito de estar enfadada, máis non o dereito de ser cruel.

Teño aprendido que por máis forte que sexa a miña dor, o mundo non se detién por iso.

Teño
aprendido que mentres os meus antecedentes e circunstancias poden ter
influenciado no que son, eu son responsable do que cheguei a ser.

Teño aprendido que aínda que a palabra amor poida tener igual significado, perde o seu valor cando se utiliza con lixeireza.

Teño aprendido que sen dúbida algunha......¡¡¡SEGUIREI APRENDENDO!!!