Neste inicio de curso, o 23 de setembro, o alumnado de primeiro e segundo do Ciclo TAPSD participou nunha xuntanza de confraternización, na que se intercambiaron pareceres, preguntáronse dúbidas, e se tenderon pontes de colaboración.
A charla foi distendida, ao que axudou o clima de cordialidade e a pequena merenda organizada de xeito cooperativo.
O sentir xeral foi positivo, pola socialización entre membros da mesma familia profesional.