Skip to Content

2ª ANDAINA DA SENDA DAS LÚAS

Este martes 16 de setembro realizaremos a andaina da Senda das Lúas. Nestes últimos anos o noso centro está a desenvolver un proxecto enmarcado dentro do programa Polos Creativos, consistente en deseñar un roteiro circular polo Concello de Vilanova para poñer en valor o noso patrimonio cultural e natural. O punto de partida (e de chegada) é o IES Faro das Lúas, e a continuación percorreremos uns 25 kilómetros que nos levarán polos puntos máis relevantes do noso concello. Pasaremos así polo Pazo de Vista Real, os miradoiros de Lobeira e do Faro das Lúas, as capelas e igrexas de Caleiro, San Miguel e Vilanova, a Casa-museo de Valle Inclán, A Torre de Cálago...

 

 

Sairemos do instituto ás 9:30 / 9:45 e subiremos ata o Miradoiro do Faro das Lúas, pasando polo Pazo de Vista Real e o Pazo de Rúa Nova, por destacar algúns dos lugares máis coñecidos. Alí decansaremos un bo anaco e logo baixaremos por Tremoedo, San Miguel e San Roque do Monte ata o Terrón. Na praia teremos tempo de xantar e relaxarnos un pouco. Finalmente, pasaremos polos enclaves máis importantes da vila e veremos a Torre de Cálago. Remataremos a nosa andaina no noso instituto, a tempo para coller os autobuses no horario habitual.

Será unha unha oportunidade magnífica para coñecer mellor a nosa contorna e fomentar a convivencia entre o alumnado.

Deixámosvos aquí o vídeo da 1ª Andaina que tivo lugar en xuño de 2023:

 



page | by Dr. Radut