Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Visita de 1º de ESO á Casa das Ciencias e ao Acuario

O alumnado de 1ºESO visitamos a Casa das Ciencias onde participamos das actividades interactivas que ofrece o museo sobre péndulos e física xeral. Ademáis desfrutamos dun pase privado no Planetario que nos recordaba o que xa vimos nas primeiras unidades da materia de Bioloxía e Xeoloxía: o Sistema Solar e a historia da Astronomía.

Tamén fumos ao Acuario, onde dentro do noso Plan Proxecta “O noso mar, o noso sutento” déronnos una charla sobre o preocupante problema da contaminación dos océanos polos plásticos. No mesmo Acuario visitamos as diferentes salas aprendendo máis sobre a Hidrosfera e a Biodiversidade mariña.

Foron acompañados polas profesoras Noemí Díaz, Nuria Berdiales, Nuria Bello, Eva Mariño, Carmen López, Rocío Rodríguez, Eugenia Pérez, Elisa Crespo e María Viturro.

 

 

Táboa Periódica dos elementos químicos.

Para darlle a benvida ao ano 2019, declarado pola IUPAC como ano internacional da Táboa Periódica, os alumnos de 3º ESO fixeron a súa particular homenaxe, elaborando esta táboa “interactiva” baixo a coordinación da profesora de Física e Química Minia Prego. Abrindo a tarxeta correspondente a cada elemento, poderemos coñecer algunha curiosidade sobre el.

Minuto de silenzo polo asesinato de Laura Luelmo

"O caso de Laura Luelmo, profesora do Instituto de Nerga (Huelva), tennos conmovido e por iso queremos expresar a nosa dor e solidariedade gardando un minuto de silenzo. Queremos lembrar hoxe coa frase que a propia Laura lanzou en 2015: -Te enseñan a no ir sola por sitios oscuros en vez de enseñar a los monstruos a no serlo, ese es el problema-", lido pola profesora Beni Vidal.

Panxoliña “Nöel arrive"

 

Os alumnos de 3º e 4º da ESO que estudan francés, dirixidos polos profesores Juan Carlos Méndez e María Jesús Quintáns, interpretaron para os seus compañeiros franceses esta breve panxoliña. Fai clic na imaxe para vela.

 

Visita do alumnado de 1º e 2º de ESO de Relixión a Betanzos

O alumnado de Relixión de 1º e 2º da ESO participou nunha actividade en Betanzos, achegándose ao seu patrimonio cultural e relixioso: percorrido polo casco monumental (prazas, igrexas e Museo das Mariñas) da man das guías do concello. Para rematar, pola tarde asistiron a unha sesión  do Belén mecánico. Foron acompañados de: Chus Quintáns, María Eugenia Pérez, Rocío Rodríguez, María del Mar Naveira, a lectora de Inglés Natalie Bess e Antonio Fondo.

Visita ao INIBIC

O 17 de decembro o alumnado de 2ºA de Bacharelato de Bioloxía visitou o INIBIC (Instituto de Investigación Biomédica), que resoltou de gran interese. Acompañaron os profesores de Bioloxía Teresa Fraga e Manuel Blanco.

Visita ao CIEC de Betanzos

O 17 de decembro 4 de ESO e 1º de Bach do Departamento de Artes visitaron o CIEC (Centro internacional de estampa contemporánea) en Betanzos. Alí visitaron a exposición e fixeron o seu propio gravado acompañados/as polas profesoras Noemí Díaz e Eva Veréz.

Cómo se desenvolven os fármacos?

Visita ao laboratorio aberto da Domus de alumnos de Química de 2ºB de Bacharelato, para ver cómo se desenvolven os medicamentos, nada mellor que ver cómo reaccionan dúas sustancias e obter un produto vistoso. Ademais da reacción realizaron técnicas de separación por cromatografía para finalmente ver se realmente obtiveron o produto desexado. Actividade programada pola profesora Mónica Santos do Departamento de Física e Química.

Convocada a XIV edición do Premio Literario Rita Suárez Amado

 

ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS:

O 22 de marzo, ás 18:30 h, no Salón de Actos do Instituto

 

 

XA DISPOÑIBLES AS BASES

Coa publicación das bases, facemos un chamamento á comunidade educativa para que as espallen entre o alumnado. A XIV edición do Concurso Literario Rita Suárez Amado celebrarase no vindeiro mes de marzo, pero os traballos haberá que entregalos antes. 

Fai clic na imaxe para ter acceso ás bases.

"Pour moi, la France c’est"

Baixo a supervisión das profesoras Rocío Ferreiro Rodríguez e María Barreiro Seoane, os alumnos de francés de 1º da ESO encheron un tablón cos seus traballos sobre "Pour moi, la France c'est...". Noraboa polo resultado!

Maquetas de células eucariotas e procariotas

Os alumnos de 3º da ESO fixeron as magníficas maquetas de células eucariotas e procariotas que se poden ver neste video. Ista actividade, dentro da materia de Bioloxía, foi conducida pola profesora Alexia García Pérez. Parabéns!

Hugo Gómez Chao-Porta gaña a XXIX edición do Premio Jóvenes Compositores Fundación SGAE

Hugo Gómez Chao-Porta, ex-alumno e director do coro deste Instituto, gañou a XXIX edición do Premio Jóvenes Compositores Fundación SGAE y el Centro Nacional de Difusión Musical. Noraboa!

Traballo cooperativo "O Universo" con alumnos de 1º de ESO

Coa profesora de Bioloxía e Xeoloxía Nuria Berdiales.

Eleccións ao Consello Escolar

O 26 de novembro de 2018 celebráronse as eleccións de representantes de alumnos no Consello Escolar, cunha numerorísima participación, como mostra a gran cantidade de papeletas depositadas. A mesa electoral estivo formada polos alumnos Yara Vez Vilariño e Nuno Fernández Varela e a Directora Mª Isabel Ruso de Lago.

Gran MAGOSTO

Celebramos un MAGOSTO coa actuación de alumnos do centro, organizado polo Equipo de Normalización Lingüística.

Charlas de orientación por voluntarios de Inditex

Durante esta semana de novembro estiveron levándose a cabo charlas orientativas por voluntarios de Inditex para 1º de Bacharelato, tendo moito éxito entre o alumnado.

Distribuir contido


by Dr. Radut