Visita do alumnado á exposición "Converxencias, arte e ciencia Escher"
Grupos de 2º de bacharelato de Debuxo Técnico e Artístico (arriba) Grupos de 2 da ESO (abaixo)
Visita do alumnado do centro á exposición "Converxencias, arte e ciencia Escher", organizada pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, enmárcase dentro do proxecto que se vén desenvolvendo de actividades de difusión da ciencia e da cultura científica na sociedade, especialmente para mostrar as sinerxías e vínculos entre a arte e a ciencia. Visita organizada polos departamentos de Matemáticas e Artes Plásticas.