XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O próximo día 20 de frebreiro terá lugar unha reunión informativa para todas as familias que desexen coñecer o centro de cara a matricular aos seus fillos/as no noso centro o vindeiro curso.

A reunión celebrarase no salón de actos do IES ESPIÑEIRA ás 18.00h

Espazo Familias: EDUCACIÓN SEXUAL. COMPRENDENDO PARA ACOMPAÑAR

O próximo mércores 31/01/2024 ás 18:00 no Centro Social de Boiro terá lugar unha nova sesión do Espazo familias. Desta volta acompañárannos a sexóloga e psicóloga Penélope Alonso, a educadora social Alba Fernández e o educador social Jaime Bello. Dentro dese obxectivo marcado de ser quen de comprender á adelescencia para ser quen de acompañar mellor desta volta tratarase a Educación Sexual. Sodes todas/os benvidas/os á esta sesión. 

Espazo Familias

A vindeira semana darán comezo as xornadas de EspazoFamilias, organizadas polos centros educativos de Boiro, e que este ano levan por título:
"Comprendendo a Adolescencia para poder exercer de Guía"
A primeira charla terá lugar o martes 21 de novembro, en horario de 18.00 a 20.00h, no Centro Social de Boiro.

DÍA DA CIENCIA

DÍA DA CIENCIA

Con motivo da celebración do Día da Ciencia, estamos a organizar, xunto cos IES A Cachada e Praia Barraña, unha feira científica con obradoiros, charlas, exposición, concursos e múltiples actividades en torno ao traballo científico.

Esta feira terá lugar na Casa de Cultura de Boiro os días 20 e 21 de novembro en horario lectivo.

Luns 20: Alumnado de primaria dos CEIPs de Boiro

Martes 21: Alumnado de Secudaria, Bacharelato e usuarios do centro de día.

INFORMACIÓN INICIO CURSO 23/24

O curso 2023/2024 comeza o día 11 de setembro (luns) no seguinte horario:

Horario inicio de clases (luns 11 de setembro)

ESO

8.45

BACHARELATO

10.25

FP Básica

11.15

CICLOS

12.30

Páxinas

Subscribe to IES Espiñeira RSS