Skip to Content

Secretaría

Modelos de exame ABAU 2020

A CIUG vén de publicar na súa páxina web os modelos de exame de cada materia para este curso acdémico 2019-2020. Prestade atención ás novidades e ás características da ABAU publicadas no BOE do 23 de abril.

Para maior información véxase tamén a Resolución do 28 de abril de 2020 pola que se modifica a Resolución do 26 de febreiro, pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do curso 2019/2020, da avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU) para o curso 2020/2021.

Medidas excepcionais na Formación Profesional

Publicada a Resolución pola que se adoptan medidas excepcionais no desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo e nas ensinanzas de réxime especial:

Proxecto Terra-APLU

O noso alumnado de 2º e 3º ESO participou este curso na actividade “Eu son inspect@r urbanístic@. Coida do Territorio. Coida do teu”, que forma parte do Proxecto TERRA-APLU (Axencia de Protección da Legalidade Urbanística), promovido polo departamento de Xeografía e Historia para potenciar a protección do medio, da paisaxe e do noso territorio. Nas imaxes podemos velos lucindo cadansúa identificación que os acredita como inspectores urbanísticos! Parabéns!

Agradecementos ao IES San Clemente

Directrices para o teletraballo

Por mor da suspensión temporal da actividade educativa presencial en todos os centros educativos, o CAFI pon a disposición do profesorado unha serie de recursos formativos e materiais educativos dixitais para o desenvolvemento da aprendizaxe a distancia. Para visualizar ditos servizos e recursos prémase no documento anexo

Distribuir contido


by Dr. Radut