Skip to Content

Electrónica

2º premio no Concurso Galego de Robótica 2016

Parabéns aos alumnos Sergio Prado, Iago Pena e Juan Martínez de 1º de Bacharelato e ao seu profesor Ricardo Santos, polo 2º premio acadado nesta edición do Obradoiro-Concurso de Robótica organizado pola Fundación Barrié e Igaciencia.

 

  Pode consultarse o álbum deste evento así como as reseñas de Igaciencia (con abundante información) e da prensa.

Finalistas do 8º Consurso galego de Robótica

  Parabéns aos alumnos Sergio Prado, Iago Pena e Juan Martínez de 1º de Bacharelato e ao seu profesor Ricardo Santos, segundos clasificados e finalistas condicionados na primeira semana de actividade desta edición do Obradoiro-Concurso de Robótica 2016.

A videorockola de Proval, Premio Nacional de Innovación

  Os profesores do Departamento de Electrónica Carmen Currás  e Fernando Rodríguez, responsables do proxecto Videorockola, veñen de recibir en Madrid o Premio Nacional de Calidad e Innovación en FP. O acto de entrega celebrouse na Biblioteca Nacional e foi presidido polo ministro de Educación, Íñigo Martínez de Vigo.

 Pódese consultar máis información no seguinte enlace da Consellería, do Ministerio e de prensa. Tamén hai dispoñible unha galería de fotos do evento.

 

A videorockola de Proval, Premio Nacional de Innovación

A videorockola, un proxecto desenvolvido polo alumnado de 2º curso do Ciclo Superior de Mantemento Electrónico baixo a coordinación dos profesores Carmen Currás e Fernando Rodríguez, acaba de recibir un 3º Premio á Calidade e Innovación en Orientación e Formación Profesional

  Noraboa aos premiados!!

   Pode consultarse a resolución no BOE aquí e información de prensa aquí.

ExpoElectrónica Proval (3 de Xuño)

ExpoElectrónica Proval é unha xornada de portas abertas onde podes ver os proxectos que se desenvolven nos ciclos formativos de Electrónica  do IES Escolas Proval.

A xornada está especialmente organizada para pais, fillos e calquera familiar ou amigo que queira coñecer o tipo de formación que se imparte no centro. Da man dos propios profesores e alumnos, coñecerás todas as vantaxes profesionais que ofrecen os nosos ciclos de FP aos alumnos.

 ExpoElectrónica Proval

Mais imaxes clicando aquí

Enlaces a reseñas en xornáis:

La Voz de Galicia

Faro de Vigo

Distribuir contido


by Dr. Radut