Skip to Content

O IES Escolas Proval: premio por un proxecto de innovación tecnolóxica desenvolvido durante o curso escolar 2012-2013

O IES Escolas Proval foi merecedor dun premio por valor de 10.000 € na convocatoria realizada pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se convocan premios a proxectos de innovación tecnolóxica desenvolvidos durante o curso escolar 2012-2013 en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, onde se impartan ensinanzas de Formación Profesional. O proxecto premiado foi a exposición Expoelectrónica Proval: Un proxecto colaborativo de innovación e difusión para os novos ciclos de electrónica, realizada no terceiro trimestre do pasado curso. Parabéns da comunidade educativa do IES Escolas  Proval aos alumnos e profesorado do Departamento de Electrónica polo éxito do traballo desenvolvido.

No Faro de Vigo do pasado 6 de xaneiro aparece unha reseña do resultado da convocatoria, na que, xunto co noso, resultaron premiados outros oito centros galegos.

 Expoelectrónica Proval 2013

 

 



page | by Dr. Radut