Skip to Content

Fondo libros e material escolar 2024-25

Publicada a Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H). 

Alumnado beneficiario: 1º/2º/3º/4º ESO 

Presentación de solicitudes: ata o 21 de xuño de 2024 

Listaxe provisional: 12/07/2024 

Listaxe definitiva: 26/07/2024 

Preman nas ligazóns correspondentes para accederen aos Anexo I e Anexo II, á documentación necesaria e ás instrucións de presentación de solicitudes. 

 



book | by Dr. Radut