Discurso da Dirección na graduación de 4º ESO e 2º Bacharelato
“Co desexo de facervos chegar a ser homes e mulleres capaces, máis que homes e mulleres doctos, eu quixera tamén que puxésemos coidado en elixir un guía que tivese a cabeza ben feita máis que moi chea, e que solicitásemos nel … máis o comportamento e o xuízo cá ciencia, e que levase a cabo a súa tarefa dunha maneira nova … e que dende o primeiro día, segundo o alcance da alma que tiña entre mans, empezase a sacala á pista, facéndoa probar, elixir e distinguir as cousas por si mesma. Ás veces abríndolle camiño, ás veces deixándolle abrir ese camiño a ela”.
Michel de Montaigne, “Os ensaios”, 1595
Vivide, a partir de agora, as vosas vidas, coa intensidade necesaria e o anhelo bastante para converter cada instante en algo único, capaz de xustificar por si mesmo a existencia toda. Volvede sobre aqueles pasos tantas veces como sexa preciso para percorrer de novo unha vida merecedora de repetirse nunha sucesión infinita de ocasións felices.
Discurso de graduación.
A Dirección do IES Escolas Proval agradece sinceramente as mostras de cariño das familias e as palabras de recoñecemento ao labor do profesorado deste centro. Grazas tamén a elas por acompañar nesta aventura de educar.
Nigrán, xuño 2019