Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
19
| 20
| 21
| 22
Start: 22/02/2018 20:23
O concepto tradicional de reciclaxe baseado nas 3R (reutilizar, reducir, reciclar) está sendo superado por outro máis amplo de 5 pasos: as 5R da reciclaxe. Ás anteriores R engádense dous pasos previos que tratan de evitar a adquisición de produtos pouco sostibles e alongar todo o posible o seu ciclo de vida. Así, as 5R quedan: 1) REXEITAR: non mercar ou usar productos pouco sostibles ou non reciclables 2) REPARAR: prolongar o ciclo de vida dos obxectos tratando de reparalos cando se estropean no canto de tiralos e mercar un novo. 3) REUTILIZAR: usar os obxectos varias veces ou darlles un novo uso antes de tiralos. 4) REDUCIR: cando non queda máis remedio que desbotar algo, que sexa a menor cantidade posible, co mínimo peso e volume dos resíduos. 5) RECICLAR: unha vez desbotado un artigo separa os seus compoñentes (plásticos, metais...) para que se poidan recuperar por separado e se usen na fabricación de novos produtos, pechando así o ciclo de vida dos materiais.
RECURSOS DIDÁCTICOS:
| 23
| 24
| 25
|