Skip to Content

Ciencias Naturais

Guía das árbores do IES

Guía das árbores do IES Escolas Proval

Ilustración e Maquetación : Fernándo Ortíz de Lejarazu
Clasificación: Josefa Fernández Rodríguez
Fotografía: Alicia Valiño Cea

  Esta guía amosa as especies de árbores do noso IES e pretende servir de axuda para que calquera persoa que teña a curiosidade ou  interese poida identificar os exemplares do centro.
   O tríptico comprende a clasificación e orixe de 30 especies, coa súa localización no recinto escolar. Moitas destas árbores son autóctonas, pero outras proveñen de de rexións diversas do mundo. É o caso do carballo australiano, especie pouco frecuente na nosa contorna

 

 

Visita á Misión Biolóxica

O pasado 2 de marzo o Departamento de Bioloxia organizou unha visita do alumnado de bioloxía de 4º ESO, 1º e 2º de Bacharelato á Misión biolóxica de Galicia (CSIC)

Selecionando a fotografía inferior pode verse o álbum desta actividade.

Álbum: Actividades Curso 2017-2018 -> Mision Biolóxica

Exposición de mulleres na ciencia

Exposición de mulleres que deixaron e deixan a súa pegada na sociedade a través da Ciencia

Preme a foto inferior para visualizar o álbum

Álbum: Actividades Curso 2017-2018 -> Muller e a nena científica

De maior quero ser científica

 Charla-coloquio De maior quero ser científica, impartida polas doctoras en bioloxía Ana Igea e Jezabel Varadé, investigadoras sobre o cancro e xenética, respectivamente. Na actualidade traballan no Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) da Universidade de Vigo.

  Ana Igea expuxo a situación da muller na carreira científica e investigadora así como a súa traxectoria profesional. Posteriormente abriuse un coloquio con ambas científicas.

  Seleccionando a foto inferior póde accederse ao álbum desta actividade.

Álbum: Actividades Curso 2017-2018 -> Charla dunha científica

Conference on invasive plant species

 Select the bottom photo to see the whole album for this activity

 

Syndicate content


by Dr. Radut