DATOS DE INTERESE
TFNO.: 982 87 00 33
FAX.: 982 87 00 41
ENDEREZO ELECTRÓNICO: ies.enrique.muruais@edu.xunta.gal
ENDEREZO: Zona escolar, s/n. 27720 A PONTENOVA (LUGO)
A Pontenova é un Concello da Provincia de Lugo que consta dunha extensión aproximada de 130 km2. O Municipio da Pontenova está situado ao Nordés da provincia de Lugo. Está limitado ao Leste polo Principado de Asturias, ao Norte polo concello de Trabada, ao Oeste polo de Riotorto e ao Sur polo da Fonsagrada e Ribeira de Piquín. O val do río Eo, que discorre de Sur a Norte, divide ó Municipio en dúas metades.
O IES "Enrique Muruais" inaugúrase e comeza a funcionar no curso 1993-94 (coa denominación: IES "A Pontenova"). O centro empezou impartindo 3.º da ESO e o 2.º curso de FP (Ramas Administrativa e Automoción, pois previamente funcionaba, noutras dependencias da localidade, unha Sección de FP). Foi un centro que se anticipou á implantación da ESO en Galicia por ser de nova creación. Posteriormente completouse a ESO e Bacharelato.
Por Orde do 31 de agosto de 1998 (DOG do 7 de outubro), a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria autoriza o troco ó novo nome: Instituto de Educación Secundaria Enrique Muruais. Esta derradeira denominación débese a un mestre que naceu en Vilameá a primeiros do século XX e que realizou unha importante labor pedagóxica na zona.