Skip to Content

Charla Mari Luz Loureiro

O venres 23 de Febreiro contamos, no noso centro, coa presenza de Mari Luz Loureiro ,catedrática de Economía da USC.

Unha profesional que nos soubo transmitir excelentemente a importancia do traballo e da actitude persoal, da constancia, da fortaleza...mais, sobre todo, como a humildade e a empatía son as características fundamentais para alcanzar a felicidade.

Mari Luz, nada na Pontenova, soubo manter a nosa atención durante case dúas horas polo acerto e delicadeza das súas palabras.
GRAZAS por vir, saber transmitir tan ben e por ensinarnos tanto.
Foi un auténtico pracer.

 

 
 


page | by Dr. Radut