Skip to Content

Procedemento de admisión curso 2023-24

Desde o IES Enrique Muruais queremos anunciar que abre o prazo de admisión. Este remata o día 20 de marzo.

-Este procedemento NON o terán que facer as familias do alumnado que sexa procedente dalgún dos centros adscritos (os CEIP de A Pontenova e Riotorto). Este alumnado ten reserva automática. O alumnado que xa está a facer estudos no centro ten tamén reserva automática para o seguinte curso.

-Polo tanto só o ten que facer o alumnado novo no centro. A admisión será adxudicada a quen a solicite. 

As familias teñen á súa disposición as listaxes dos centros adscritos nos que solicitaron reserva de praza nos taboleiros de anuncios dos centros. 

 

Procedemento: debe empregarse o modelo ED550B anexo II, e o anexo II-bis para a comprobación dos membros da unidade familiar. 

O trámite pódese facer de forma telemática na aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, sempre e cando se estea en posesión dun certificado electrónico ou da Chave 365. Unha vez cuberto o anexo II-bis, hai que imprimilo, asinalo, escanealo e subilo xunto co anexo II (a solicitude).

Pódese descargar na apicación admisionalumnado, da sede electrónica da Xunta de Galicia, ou dos anexos desta nova e cubrilos e presentalos de forma manual no centro. 

A solicitude poderá ser cuberta e asinada por calqueira persoa titular da patria potestade do alumnado a matricular, cando sexa fillo/a en común dun matrimonio non separado legalmente ou dunha parella de feito inscrita debidamente no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. En caso distinto destes é necesario a sinatura das dúas persoas titulares, salvo que a patria potestade esta atribuída só a unha delas con carácter exclusivo ou en situacións de violencia de xénero. Poderán consultar máis información no documento adxunto coas instrucións xerais.

 

-25 de abril: publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos.

-15 de maio: publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos.

-23 de xuño a 7 de xullo: formalización da matrícula. 

A solicitude debe ser única: unha solicitude que se presenta no centro poderá ser anulada pola presentación dunha solicitude posterior noutro centro, indicando por escrito que quedan anuladas as versións anteriores.

 

AdxuntoTamaño
instrucións xerais admisión 23-24.pdf267.98 KB
Manual familias admisión do alumnado.pdf1.12 MB
formulario admisión ED550B.pdf1.38 MB


page | by Dr. Radut