Skip to Content

Obradoiro de perfumes romanos

Coa colaboración activa do Departamento de Bioloxía e o apoio do Departamento de Física e Química, alumnas e alumnos de Latín de cuarto da ESO realizaron a recreación dun perfume antigo seguindo as indicacións de Plinio. Nótase que o espírito "Maker" comezou a invadir o IES Elviña...

O resultado foi o delicado "Cyprinum", un aroma evocador e único. Aquí tedes o vídeo elaborado polo noso Carlos:

 

BADALADAS DE FIN DE ANO DESDE O IES ELVIÑA

Festival de fin de trimestre

O día 20 de decembro remataron as aulas do ano 2019. Triste circunstancia que celebramos cun alegre festival, no que cantamos e bailamos, como correspondía coa xornada. O plantel do festival deste ano non desmereceu, de feito, máis de un (e de unha) quedou abraiado coa calidade das voces e das interpretacións musicais. No IES Elviña hai talento á esgalla.

Festival

Felicidades para o ano novo

     E despois do festival, chega o fin de ano! Como non podía ser menos, celebrámolo tomando as uvas noutro programa especial da Elviña Broadcasting Corporation. Que vostedes o desfruten!

 

A FELICITACIÓN DE NADAL DO IES ELVIÑA

A comunidade do IES Plurilingüe Elviña deséxalles un feliz Nadal e un ano 2020 venturoso!

Postal de Nadal IES ELVIÑA

ACTIVIDADES DE DECEMBRO

Curso de
primeiros auxilios
 

     Con catorce ou quince anos xa vai sendo hora de que os rapaces e rapazas vaian aprendendo a salvar vidas... Por esta causa, o Departamento de Educación Física, comandado polo seu intrépido capitán Francisco Pérez decididu solicitar os servizos de Federico, ousado monitor de Protección Civil, para dar unhas clases a todos os grumetes de 3º e 4º de ESO da nosa educativa fragata. Practicaron reanimacións e outras técnicas varias. Ás fotos nos remitimos... 

Auxilios123
456


Actividades do
Dpto. de Orientación

Transexualidade     Entre todas as actividades de novembro e decembro, a nosa orientadora Ana Rivera quíxolle facer un oco á reflexión sobre a igualdade de xénero e, moi especialmente, adicar esta reflexión ao colectivo trans (transxénero e transexual). No marco do Plan de igualdade e do Proxecto marco pola igualdade acudiu ao noso centro a ponente Cristina Palacios, presidenta da asociación Arelas (Asociación de familias de menores trans) para dar unhas charlas dirixidas a todo o alumnado do centro sobre transexualidade na infancia e na adolescencia. Fermosa iniciativa en prol da igualdade e do respecto.

     Como as charlas informativas souberon a pouco, a orientadora preparou tamén outra actividade para o alumnado de Bacharelato. Esta vez no marco do plan de orientación universitaria para o alumnado que remata xa o seu ciclo de estudos de secundaria (e que sexa venturosamente!). Aproveitouse, polo tanto, a 14ª feira das universidades UNITOUR celebrada en Palexco o día 18 de decembro baixo o patrocinio de Círculo Formación, boa ocasión para abrir as mentes do alumnado ás finitas posibilidades do non lonxano futuro académico. Aí tedes as fotos do alumnado posando para a ocasión con Ana e Alberto. Hai que recoñecerlles que dan ben nos retratos!

123


Tecnoloxía e
"Quenda seguinte"

E para rematar, un concurso. O Departamento de Tecnoloxía convocou para o mes de decembro o concurso científico Quenda seguinte en 4º curso de ESO. A bo seguro que o alumnado participante amosará a súa sabedoría na matemática e na ciencia. Polo pronto, velaí tedes aos profesionais presentadores da velada Brais, Adrián e Paula, no vídeo promocional para a Elviña Broadcasting Corporation.

 

CONCESIÓN DO ESPAZO MAKER AO IES PLURILINGÜE ELVIÑA

Espazo Maker

IES Plurilingüe Elviña está de noraboa!

     O noso centro ven de obter un dos dez Espazos Maker que a Consellería de Educación sacou a concurso a través da Convocatoria da súa Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Con esta concesión o noso instituto súmase ao moi selecto grupo de institutos de toda Galicia (só dez ata o momento) que contan cun espazo destas características. Os "Espazos Maker" foron creados co desexo de dotar aos centros de ensino dunha aula completamente acondicionada para o desenvolvemento de actividades de carácter científico-tecnolóxico (actividades STEM nas súas siglas inglesas: Science, Tecnology, Engineering e Mathmatics).
     Certamente, é un motivo de orgullo para o centro esta noticia, que supón a recompensa para case un ano de esforzo no deseño e composición do proxecto de traballo co que o IES Elviña participou na convocatoria. Parabéns á súa principal responsable e a todo o persoal que se implicou na súa realización. O agradecemento de todo o centro tamén a todos os que, desde fóra, sexa co bo consello ou cos bos desexos, colaboraron tamén e alentaron a súa consecución.

Adorno

     A partir de hoxe, abriremos unha xanela na nosa web para as actividades e novidades deste novo e flamante espazo de traballo. Vémonos!

Distribuir contido


by Dr. Radut