O CONTO VIAXEIRO
Departamento (inicio):
Unha noite de frío e xeada que até as aves morrían de frío...
1º A
...e non daban dito nin pío-pío, eu estaba durmindo no piso de arriba. De súpeto soou, ding-dong. Era un vabundo que tiña frío e quería agocharse na miña casa. Asusteime e pechei a porta nos seus fociños. O vagabundo volveu chamar, mireino fixamente e resulta que era o meu pai que volvera de traballar.
1º B
Viña aterecido e sen pensalo máis, prepareille un chocolate fumegante e quentiño. Bebeuno, glo, glo, a pequenos grolos. Cando volveu en si, botoume en cara o portazo no nariz e sorriu. Despois de tomalo, quedou durmido.
Eu saín a explorar a rúa. Miña nai, diante do noso coche, remexía no peto do abrigo negro. As chaves durmían baixo o sofá do meu pai, non quedaba só...
1º C
Tamén estaba o meu can Tobi. É branco cunhas peculiares manchas marróns e con ollos azul celeste, e ademais é moi cariñoso, sempre nos está lambendo.
Mamá, moi inqueda, díxome:
-Laura, tes que axudarme a buscar as chaves.
E eu empecei a cantar a canción das chaves: Onde están as chaves, matarile, rile, rile, onde están as chaves matarile, rile, ron, chispón.
Ao cabo dunha hora de busca, encontrámolas e fun durmir.
1º D
Mais non conseguín quedar durmida.
Pasei a noite en vela esperando a miña nai, pero non viña. Meu pai díxome que fora de viaxe e eu puxenme moi triste. Ao día seguinte fun á escola pensando por que a miña nai non se despedira de min.
Cando voltei da escola miña nai chomoume por teléfono e díxome que non quería despedirse de min porque sabía que eu ía querer acompañala e ela non podía levarme...
2º A
Ao medio minuto de colgar, xa a botaba en falta. O olor a pizza fría da cociña fíxome lembrar a última vez que pasara algo semellante na casa. Hai demasiados misterios. Por que non me contan o que ocorre? Meus pais lévanse ben, eu noto que se queren. Pero, en que traballa miña nai realmente? Por que tanta viaxe inesperada? Di que vende aspiradoras e non sabe nin cambiar o filtro. Non me contan nada, con isto de ser filla única protéxenme de máis. E, se desta volta, non volve axiña? Estará Lidia connosco, como a última vez, para coidar de Tobi, de papá e de min? Menos mal que Lidia me cae bastante ben.
2º B
Que che pasa, Laura?
- Ufff, coma sempre, ninguén me quere dicir o que pasa.
- Mellor así, ao mellor é preferible que non o saibas.
- Ti tamén! Xa está ben!
- Veña, colle a correa de Tobi e lévao ao parque e, de paso, reláxate un pouco.
Non atopaba a correa por ningures e lembrei que había unha nova no cuarto de meus pais. Abrín o armario: a roupa da miña nai desaparecera por completo. No caixón atopei a correa e unha foto que nunca vira. Mirei con atención pero non puiden descubrir nada, era demasiado borrosa e xa pasara moito tempo por ela. Detrás había unhas letras.
2º C
Tentei comprender o significado daquelas letras e descubrir a identidade das persoas que aparecían na fotografías, pero non tiña ningunha idea. Corroída pola curiosidaade, decidín averiguar ese enigma, mais necesitaba unha pequena axuda e acudín a Lidia. Esta, ademais de exercer de niñeira, era unha coñecidada da familia, moi querida.
-Lidia, poderías axudarme a identificar estas persoas e o significado destas letras?
Moi nerviosa, Titubeou antes de contestar.
-Eu non son a persoa máis indicada para explicarche ese segredo. Mellor pregúntallo a teu pai.
-Hummmm...!
3º A
Fun correndo preguntarlle a meu pai:
-Papá, por favor, axúdame a identificar estas persoas.
Meu pai respondeu:
-E... por que pensas que son eu a persoa indicada?
Eu, enfadada e farta de todo, contesteille:
-Quero saber isto dunha vez! Pregunteille a Lidia e mandoume onda ti. Estou moi interesada en sabelo! Aínda non sabes cal é o meu soño?
O meu pai respondeume:
Mmm... pódesmo recordar?
-Déixame en paz! Xa eu mesma me encarguei de resolvelo. Despois de pensar e pensar, recordei unha imaxe que había na cabeceira da cama. Era esa imaxe! Gardeina na miña carteira. Había unhas iniciais talladas. Cando ordenei as letras... era o nome da miña irmá xemelga.
3º B
Pregunteime por que os meus país me agochaban tal segredo. E aínda queda por resolver o de miña nai. Onde demos estivera? Intentei investigar polo lado da familia, pero puxéronse nervosos e non me contaron nada.
Entón decidín contratar un detective privado que vira antes no xornal. Acordamos encontrarnos ás cinco na miña casa. Viña de lonxe e chegou un pouco tarde, uns tres cuartos de hora. Pero por fin chegou o tal José Luis Morente.
Mostroume o seu amplo historial de casos resoltos e contrateino. Tiven que pagarle por adiantado, mais non me preocupou moito: aseguroume que chegaría ao final de todo isto.
O tal Morente era un pouco gordiño demais, cunha roupa moi antiga e unhas gafas de sol cheas de roña.
Ofreceuse a levarme no seu coche. Pero preferín ir andando ao ver toda aquela chatarra.
Cando chegamos á gran cidade e nos atopamos fronte ao Espacio Coruña, descubrimos a miña nai de camareira. Prometeume una explicación ao chegar á súa casa.
3º C
4º A
4º B