Skip to Content

Proxecto "Derribando Muros"

Proxecto Erasmus + KA101

 

"Derribando Muros"

Desde o IES Elviña puxemos en marcha un proxecto de internacionalización para romper cos límites da clase tradicional. O proxecto levarase a cabo durante os cursos 2020-2021 e 2021-2022 coa finalidade de acadar os seguintes obxectivos:

  1. Internacionalizar o centro a través de colaboracións con outras entidades.
  2. Integrar procesos de innovación e modernización no centro fomentando o uso de novas metodoloxías fora da aula.
  3. Posta en valor da contorna do centro incorporando os valores ambientais, socioculturais e lingüísticos.

O noso proxecto "Derribando Muros" presentado dentro do programa Erasmus + KA101 foi aprobado cunha dotación económica de 18.500€.

Durante os dous cursos académicos que dure o proxecto dez representantes do claustro de profesores realizarán cinco actividades de mobilidade: catro cursos dunha semana de duración en centros de formación europeos e un período de observación nun centro escolar de Baia Mare (Rumania).

Achéganse os criterios de selección do profesorado interesado en realizar algunha mobilidade ().

 O comité de selección de candidatos estará formado polo director, xefa de estudos e coordinadora de internacionalización.

 



page | by Dr. Radut