LISTAXES DO
FONDOLIBROS 2020-21
Xa están publicadas as listaxes de asignacións provisionais do Fondo solidario de libros de texto para o curso 2020-21. Lembren que:
a. as listaxes só poden consultarse no taboleiro de anuncios da secretaría do IES Elviña ou a través da aplicación informática do fondolibros se dispoñen de certificación electrónica.
b. nas listaxes provisionais NON SE FAI ASIGNACIÓN DE LIBROS, só se informa da cantidade mínima de libros que lle corresponden a cada solicitante por renda. A asignación de libros faise nas listaxes definitivas de setembro, unha vez rematado o período de matrícula extraordinario.
c. as persoas solicitantes que aparecen excluídas do Fondolibros deixaron sen entregar a documentación que se lles requeriu. Poderán subsanar estas carencias de documentación ao longo desta semana, pero non se actualizarán os seus datos ata a publicación das listaxes definitivas en setembro.
d. os solicitantes que aínda non formalizaron a súa matrícula (por ter materias suspensas para setermbro) ou que aínda non devolveron TODOS os libros do curso que remata, aparecerán como "condicionados". Deberán formalizar a súa matrícula no período extraordinario e devolver TODOS os libros para que a súa solicitude se normalice nas listaxes definitivas*. De non cumplir estes dous requisitos antes do 10 de setembro, estes solicitantes quedarán fóra do fondolibros.
*NOTA: as persoas que formalizaron a súa matrícula hoxe día 10 de xullo aparecen condicionados porque a aplicación tarda un día en volcar os datos de matrícula. Sairán aceptados nas listaxes definitivas de setembro.
e. os vales de material que aparezan xa asignados nas listaxes provisionais poderán recollerse na secretaría do centro a partir do día 17 de xullo no seu horario de atención (10:00 a 13:00 horas de luns a venres laborables).