CONMEMORACIÓN DO DÍA CONTRA O CANCRO DE MAMA NO IES ELVIÑA
O pasado día 19 de Outubro conmemorouse o Día Mundial do Cancro de Mama. A comunidade do IES Elviña, a través das actividades da Biblioteca escolar e da súa responsable Alba Lorenzo, sensible a esta triste enfermidade adicou un tempo para que o alumnado de varios cursos fixese uns traballos de creación alusivos á xornada. Desde o IES Elviña, unha solidaria e afectuosa mensaxe de ánimo e esperanza de curación para todas as mulleres que sofren as consecuencias desta terrible dolencia.