Skip to Content

MATRÍCULA CURSO 2024/25

Prazos

Do 24 de xuño ao 7 de xullo, ambos incluídos. Por ser domingo o día 7, pódense matricular o luns día 8 como último día.

Procedemento de matrícula

1º) Recollerase na Conserxería do centro o sobre de matrícula

2º) Presentaranse en OFICINAS os impresos cubertos e asinados do sobre de matrícula  xunto coa seguinte documentación:

  • Fotocopia do DNI/NIE ou do pasaporte (de non posuír algún destes documentos, presentarase copia do libro de familia).
  • 2 fotografías recentes, tamaño carné, co nome e apelidos no reverso.
  • Alumnado de 1ºESO/2ºESO: Fotocopia da tarxeta sanitaria
  • Alumnado que se matricula por primeira vez no centro  procedente de centros NON ADSCRITOS: copia do Boletín de Notas / Certificación Académica do centro de procedencia.

3º) O alumnado que vaia ser usuario do transporte e/ou comedor debe tamén solicitar en conserxería e presentar cubertos co resto de documentación nas OFICINAS os correspondentes documentos.

Aviso

O alumnado, que non vaia estar no centro o vindeiro curso, deberá devolver o ordenador EDIXGAL antes da fin do mes de xuño.

O alumnado que se matricule no centro para o vindeiro curso poderá quedar co ordenador no verán.

Non se recollen libros do fondo solidario de libros de texto.

Premio Prensa-Escuela Alba Quintas

 

Parabéns á nosa alumna Alba Quintas por obter o premio Prensa-Escuela de La Voz de Galicia, na categoría de Artigo de Opinión.

Prensa-Escuela é un programa educativo de La Voz de Galicia que xa implica a máis de 22.000 alumnos e 900 profesores de toda a Comunidade.

 

 

 

 

 

 

Obra teatral: "Pros e Contras"

Alumnado de Oratoria de 3º de ESO da Universidade Laboral, dirixidos por Alex Portela (Vicedirector), presentou unha obra titulada "Pros e Contras" por primeira vez. Esta actividade foi organizada polo Departamento de Lingua Castelá do IES Blanco Amor. 

PIRAGÜÍSMO

Clicar na imaxe para ver o vídeo

SAINT PATRICK'S WEEK

Clicar na imaxe para ver o vídeo

AXUDAS CURSO 2023-24

Axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar no curso 2023/24.

Edixgal garantiza un mínimo de seis materias por curso con libro dixital, polo tanto, o centro queda fóra do Fondo solidario de libros de texto.

Cursos:

  • Todos os cursos de ESO para o cheque de material.

Normativa: Orde do 10 de maio de 2023 (DOG do 19 de maio)

Outros requisitos:

  •  Renda per cápita familiar entre 6000 e 10000 euros (vale de 60 euros para material).
  •  Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6000 euros ou discapacitados ou tutelados pola Xunta (vale de 75 euros para material)

Prazos: Solicitude ata o 21 de xuño.

Procedemento: Preferiblemente por vía electrónica cubrindo o formulario (ED330B) dispoñible na aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) e entregándoo a través da  sede electrónica da Xunta de Galicia

Opcionalmente poderá presentarse a solicitude nas oficinas do Centro, onde tamén estará dispoñible o formulario para cubrir.


Rally Matemático 2023

GAÑADORES NA FINAL GALEGA DO RALLY MATEMÁTICO SEN FRONTEIRAS!


Parabéns ao noso alumnado de 1º da ESO A que acadaron o primeiro premio na fase final galega do Rally Matemático que está organizado pola Asociación IGACIENCIA. O equipo formados por 8 alumnas/os, xa están preparando o Roteiro Matemático en Madrid pois, este ano, suspendeuse a fase final internacional do Rally que se celebra anualmente en Toulouse.

 

 
Distribuir contido


by Dr. Radut