Pantallas amigas: " Obradoiro Violencia de Xénero no novo contexto dixital"
Hoxe realizouse no instituto o Obradoiro “Violencia de Xénero no novo contexto dixital” impartido por Haizea Álvarez, psicóloga e sexóloga de “Pantallas amigas”, iniciativa que promove e potencia o uso seguro e saudable de internet e outras TIC na infancia e na adolescencia.
Nesta ocasión, o alumnado da ESO, FP Básica e 1º de Bacharelato participou neste obradoiro, onde se lles informou e formou acerca da Violencia de Xénero Dixital, abordando temas como os seguintes: violencias de xénero e violencia machista; violencia verbal en medios dixitais como whastapp, instragram, ....; violencia de control nas parellas, cal é e como podemos identificalo?; violencia sexual, como é o sextorsión, sexpreading, abuso, acoso..... ; o sexting como práctica de risco; a presión dos likes nas redes sociais; o papel da muller nos videoxogos (imaxen hipersexualizada); a importancia do triángulo da violencia (agresor/ pasiva axudante / defensora / vítima supervivente), etc.
Pero tamén durante esta sesión se promoveron as medidas preventivas que se poden adoptar ante estas situacións, tales como:
- Que podo facer pola igualdade e contra a violencia de xénero nas redes sociais?
- Como axudar a unha vítima?
- Que facer en caso de ser vítima?
Esta actividade está enmarcada dentro das actividades que se realizaron na conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero que se desenvolveron no centro educativo e grazas á colaboración do Centro de Información da Muller (CIM) do Concello de Palas de Rei.