Skip to Content

Actividades

Semana das Ciencias fotos laboratorio de Física e Química

"Convertendo auga en viño tinto", "A ver quen sopra máis", e "Fumar nicotina e alquitrán" son os títulos dalgunhas das actividades que se realizaron no IES Valga durante a Semana das Ciencias, que encheu o instituto de experimentos, talleres e charlas. Recoñecidos científicos como Emilio Varela e Jesús Fidalgo pronunciaron conferencias. Así mesmo, moitos estudiantes convertéronse en profes para montar explosións (controladas)  e "telexornais científicos" nos laboratorios durante os recreos. Ademais houbo dúas estupendas exposicións nos pasillos elaboradas tamén polo propio alumnado. Parabéns aos departamentos de Ciencias Naturais e de Física e Química. Para ver máis fotos, prema Galería .

FOTOS DO LABORATORIO DE FÍSICA E QUÍMICA

Para ampliar foto prema nas imaxes

 

 


Alumnado do IES de Valga asiste no IES "Camilo José Cela" de Padrón a unha conferencia do catedrático Manuel Bermejo

Os alumnos e alumnas de 1º Bacharelato e de Ciencias de 2º Bacharelato acudiron o pasado 2 de marzo ao Instituto Camilo José Cela, en Padrón, para escoitar unha conferencia do catedrático Manuel Bermejo. A iniciativa prodúxose no marco do Ano Internacional da Química e supón a continuación dunha colaboración iniciada o curso pasado co instituto de Padrón, organizada polos departamentos de Física e Química de ambos centros educativos

 

Para ampliar foto prema na imaxe

O IES Valga celebrou o Ano Internacional da Química, en colaboración co Concello, cunha exposición e unha charla.

O IES Valga celebrou o Ano Internacional da Química, en colaboración co Concello, cunha exposición e unha charla á que asistíu alumnado de 2º de Bacharelato acompañados polo José Manuel Chenlo.

 

Para ampliar a foto prema na imaxe

Distribuir contido


by Dr. Radut