O alumnado de 3º ESO realizou o pasado luns 1 de abril unha visita á cidade de A Coruña. Nesta cidade fixo un percorrido polos Museos Científicos Coruñeses, un servizo do concello desta cidade que comprende tres museos de ciencia interactivos: a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae.O seu obxectivo é dar estímulos e recursos para incorporar a ciencia e a súa cultura, para comprender mellor o mundo no que vivimos a estas xeracións novas. A actividade foi organizada polo departamento de Física e Química en colaboración co de Bioloxía e Xeoloxía. Foron acompañados por profesorado de ámbolosdous departamentos, Carmen Reino, Ana Bueno e Jaime Oviedo.